Fondo cabecera Concello de Ribeira de Piquín

Piquín, Santa Eulalia de

Freguesía pertencente ó arciprestazgo de Luaces, delimitada polos termos parroquiais de Navallos e San Xurxo de Piquín polo Norte, Martiño e Piñeira polo Sur, Baos e Pacios polo Este e Lúa e Pacios polo Oeste. Os seus 370 habitantes, segundo o censo de 1991, atópanse agrupados nas entidades de Barangón, Boel, Cabaceira, Figueiras, Lamas, Outariz, Piquín, Santabaia, Vilares e Vilarpescozo, sendo a densidade media de 16'9 hab./Km2. O 19 de Novembro de 1184, o rei Fernando II, gran benefactor do convento de Meira, concédelle o realengo de Santabaia. Con anterioridade, nos inicios do reinado de Alfonso IX, Urraca Gómez, irmá do conde Gómez de Trastámara, arrepentíndose de quebranta-la xurisdición do coto do mosteiro, ofrécelles en compensación as súas posesións de Santa María de Rostrigos e Santabaia de Piquín. O vínculo da casa-torre de Santabaia de Piquín foi fundado polo capitán Pedro López Rancaño, sendo sucesores do mesmo o capitán Pedro López de Rancaño y Pita e o almirante da armada naval de Flandes, Bartolomé de Rois y Luaces. O templo parroquial posúe no interior interesantes retablos, de época barroca.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Ribeira de Piquín
Concello de Ribeira de Piquín
Chao de Pousadoiro, s/n 27242 Ribeira de Piquín - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 333 601 | Fax: 982 333 735
E-mail: ribeirapiquin@hotmail.com