Fondo cabecera Concello de Ribeira de Piquín

El Río Eo

El Río Eo

Atravesa o territorio do Concello de Sur a Norte, conformando unha terra que mesmo recibe o nome de Ribeira por estar arredor do río

Seguindo a Isaac Rielo Carballo (G.E.G.), ¿por dificultades de paso, quizais na angostura de Boel, produciuse un ensanchamento do seu cauce dando lugar ó rico e fértil meandro de O Chao Grande de Santalla. Un pouco máis abaixo, este río, cedendo ante o maior caudal e impetuosidade do Rodil, repregouse sobre si mesmo buscando novo curso e orixinando con elo unha lingua de terra cunha configuración moi especial e que recibe o nome de Insua, por acharse rodeada de auga case por completo, e que un día foi furada (de aí o de Montefurado) no tramo de arranque, polos romanos, con obxecto de proceder ó rastreo e procura das pepitas auríferas que, segundo a tradición de entón, baixaban acompañando as augas do Rodil. No hai moito tempo descubrironse nas inmediacións de Os Cangos restos de emprazamentos de bancos para lavado de minerais preciosos, e vestixios de fornos para a cocción de arxilas.

O Eo aflúen as augas do Lúa, procedente da parroquia deste nome, que bañan as terras de A Bara e Navallos, e o Servial, que atravesa o lugar de San Xorxe.¿

Segundo Otero Pedrayo, ¿O nome do Eo comeza pouco denantes de Piquín, pola xuntanza de regos do Val de Baleira, do monte Muradal e do monte dos Texos. A raiz máis alta ven do lugar e comezo da serra soada de Cádabo, dos termos da parroquias de San Pedro da Asperela de onde, en senso contrario, deitan as fontes primeiras do Neira. Os vales da Baleira e do Neira atestan polas súas cabeceiras co erguemento do Cadabo. O Eu camiña ben fondo por longos tramos desertos. No primeiro, acolle perto de Os Baos augas de Fonsagrada, polo Rodil amedrado, polo Fillabal descido da Fonfría na serra de Pedras Apañadas¿.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Ribeira de Piquín
Concello de Ribeira de Piquín
Chao de Pousadoiro, s/n 27242 Ribeira de Piquín - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 333 601 | Fax: 982 333 735
E-mail: ribeirapiquin@hotmail.com