Fondo cabecera Concello de Ribeira de Piquín

Nace un Concello

Nace un Concello

Ribeira de Piquín constitúe un dos máis suxestivos e descoñecidos municipios da provincia de Lugo. E é precisamente o máis moderno dos seus Concellos, pois foi constituído o 6 de Maio de 1935.

Anteriormente, as parroquias de Santalla de Piquín, San Pedro de Navallos e San Jorge de Piquín pertencían ó municipio de Meira, do que se segregaron por acordo tomado ó efecto o ano 1933 en que de doce concelleiros que formaban o Concello de Meira, nove eran de Ribeira de Piquín. Nos anos cincuenta pasaría tamén a engrosa-lo Concello de Ribeira de Piquín a parroquia de Santiago de Acebo.

A capitalidade do municipio, terra de recunchos de ensoño con vales e paisaxes de montaña impresionantes e uns ríos troiteiros como o Eo e o Bao, de primeira magnitude piscicolamente falando, é Chao de Pousadoiro, un auténtico oasis de paz e quietude, que constitúe o centro neurálxico das comunicacións cara a Meira e Lugo, A Pontenova e Santalla de Piquín, e por extensión cara a Baleira. A excursión ata Chao de Pousadoiro, con ramificacións desde alí ata todas e cada unha das parroquias do municipio de Ribeira de Piquín, é quizais un dos itinerarios máis turísticos e singulares que podemos atopar, non só na provincia de Lugo, senón en Galicia enteira.

A sesión constitutiva do Concello de Ribeira de Piquín celebrouse o día seis de maio do ano 1935 baixo a presidencia de Eusebio Sierra, secretario do Concello de Fonsagrada, que actuaría como Delegado gobernativo ó efecto de dar posesión ós concelleiros e a designación entre eles de alcalde do novo Concello, cargo para o que é elexido Fermín Llousas González, por nove votos a favor e unha papeleta en branco. Primeiro tenente de Alcalde, foi Manuel Pardo Durán e segundo tenente de alcalde Emilio Fernández Fernández. Subscribiu o acta como secretario Luis Goy, se ben parece que de feito foino Avelino López Otero, natural de Barcia e á sazón profesor do Colexio Balmes de Lugo.

Alfredo Sánchez Carro en ¿Hoja del Lunes de Lugo¿.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Ribeira de Piquín
Concello de Ribeira de Piquín
Chao de Pousadoiro, s/n 27242 Ribeira de Piquín - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 333 601 | Fax: 982 333 735
E-mail: ribeirapiquin@hotmail.com