Fondo cabecera Concello de Ribeira de Piquín

Patrimonio

Igrexa de San Xurxo de Piquín

Ó longo do Concello sucédense as mostras arqueolóxicas do pasado destas terras; así na parroquia de Baos consérvanse varias mámoas e o castro de Teixeira, mentres que en Piquín e en Navallos témo-lo castro de Cabaceira e o Pico do Castro, respectivamente.

De época romana quedan as pegadas das minas de Montefurado e, no apartado de arquitectura relixiosa, toda unha serie de templos parroquiais e capelas como son:

Igrexa de San Xoán de Baos, situada nun outeiro rodeado polo río Rodil, conformando igrexa e pobo un pintoresco cadro, no que semella ter sido unha construción castrexa. De amplas proporcións, atópase revocada en cal, con tres naves cubertas con tellado de pizarra e madeira no interior. No seu interior, destaca o retablo maior, neoclásico, así como a imaxe policromada de San Andrés, do século XV, situada no retablo lateral, de estilo renacentista.

Igrexa de San Xurxo de Piquín, situada na beira esquerda do río Eo e datada no ano 1782, posúe un belo estilo neoclásico con muros de pizarra. A súa planta é de cruz latina, formada por dúas capelas, cunha sóa nave cuberta por unha bóveda de canón. No interior, un retablo neoclásico na capela lateral e unha cruz de prata repuxada.

Igrexa de Santa Baia de Piquín, con muros de mampostería en pizarra do país, posúe varios retablos barrocos do século XVIII, con tallas interesantes, sobre todo o maior, de tres pisos e cinco rúas, columnas entorchadas e estriadas e banco con releves sinxelos.

Igrexas: Santa Baia e San Xurxo de Ribeira de Piquín; Baos.

Capelas: Santo Estevo, Santa Catarina; San Miguel; Santa Apolonia; San Luis Rei; San Caetano; San Antón; Capelas de Baragón, Boel, Cabaceira, Lamas, Outariz, Piquín, Vilares (Santabaia), Barcia, Meroi, Mestre, Sadradín, San Fiz (San Xurxo).

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Ribeira de Piquín
Concello de Ribeira de Piquín
Chao de Pousadoiro, s/n 27242 Ribeira de Piquín - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 333 601 | Fax: 982 333 735
E-mail: ribeirapiquin@hotmail.com