Fondo cabecera Concello de Ribeira de Piquín

Historia

Historia

Podemos sinalar a antigüidade do poboamento destas terras, como o demostran os achados arqueolóxicos que teñen continuidade ó longo das etapas máis antigas. Así, preto da Pena de Nuria consérvanse vestixios dun poboado primitivo e restos célticos ou precélticos en A Insua. Fronte a Montefurado acháronse varias hachas de pedra, unha punta de lanza de ferro e unha fíbula de tamaño grande, tamén de ferro, moteada de tres liñas simétricas de gotas de bronce. Asimesmo, é probable que o paso baixo terra de Montefurado fose efecto da acción mineira levada a cabo polos romanos na parte setentrional da Gallaecia.

Pero a historia propiamente dita do municipio de Ribeira de Piquín comeza no século XI, coa restauración ou fundación do Mosteiro de Meira, que vaI poñer ó descuberto a labor económica, social, cultural e religiosa duns pobos que os documentos do convento meirense chaman de ¿tras la Sierra¿.

En 1171, a condesa Sancha, irmá do rei Alfonso VII, fixo doazón ó mosteiro de Meira ¿de la mitad de la villa de Piquín¿, e en 1182 o conde Rodrígo Alvarez, mestre de Santiago, entregou ó mesmo e ó seu abade Vidal ¿de la parte que tenía en Santalla de Piquín¿. Pola súa parte, o rei Fernando II dona, á súa vez, en 1184, ó abade e frades de Meira ¿el realengo de Santalla de Piquín y del Casal de Piñeiro¿. E no privilexio de posesión que outorga ó año seguinte en Cáceres o mesmo rei, o fixa-los límites dos bens da abadía dise que van ¿...de Montefurado adporium de Piquín...¿. En 1233 o rei Fernando da ó prior de Meira e á súa comunidade ¿la tierra de las riveras de Piquín¿.

En 1235 o abade e o convento de Meira pasan por unha situación un tanto difícil, xa que os seus vasallos e colonos son obxecto de depredacións e rapiñas. Para poñer fin a tales desaforos, o convento da en encomenda a Arias Méndez ¿a terra das Riveiras de Piquín con condición que defendese as granxas, terras e vasalos do mosteiro¿.

A pesar das doazóns e encomendas reais e particulares que se suceden ininterrumpidamente durante séculos, A Ribeira non perde unha certa vinculación con A Pobra de Burón, da que a xurisdición se estendía a case toda a conca do Eo, señorío dos Osorio primeiro, e máis tarde dos estados do conde de Altamira.

Cando o capitán xeral de Galicia fai en 1702 requerimento ós fidalgos da xurisdición de Meira ¿para que partan en real servicio en defensa del Reino¿, Diego Díaz de Freixo, ¿de edad de treinta y dos poco más o menos¿, di que é pobre e sen caudal algún; Pedro Díaz de Freixo, ¿de edad de unos cincuenta años¿, di que ¿está achacoso de ciática y pobre de corto caudal¿. O comportamento dos fidalgos destas tierras, un século máis tarde, é moi diferente. Érguense ¿todos a unha¿ para defende-las súas terras e as súas liberdades contra o francés. Constituídos en milicias populares, inflixen serios reveses ás tropas do xeneral Mauricio Mathie, acampadas en Santalla. Ó mando do merino e xusticia ordinaria de Luaces, Juan de Neira y Feijoo, castigan unha e outra vez ás forzas invasoras. Evacuados de A Ribeira os franceses, únense os soldados do marqués de La Romana que puxera o seu cuartel xeral en Piquín para continuar a súa loita. Asimesmo, cando en 1833 cren en perigo ¿sus fueros y sus tradiciones¿, volven ¿a la guerra¿ para loitar contra o liberalismo estranxeirizante engrosando as filas do señor de Bullán. Érguense de novo ó estoupa-la terceira guerra carlista, uníndose ás partidas absolutistas de frei Gregorio Colmenero, cura de Seixosmil. Unha das accións máis sonadas deste convencido absolutista foi a toma de Castroverde en Setembro de 1873. Traizoados os seus leais seguidores, caeu nunha emboscada preparada polas forzas gobernamentais e varios dos seus incondicionais foron aforcados na praza do pobo¿.

Vestixios arqueolóxicos: Restos precélticos en A Insua e Castro en Pena de Nurias; Restos en Montefurado.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Ribeira de Piquín
Concello de Ribeira de Piquín
Chao de Pousadoiro, s/n 27242 Ribeira de Piquín - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 333 601 | Fax: 982 333 735
E-mail: ribeirapiquin@hotmail.com