Ribeira de Piquín, concello eminentemente rural, ten na agricultura e na gandería os alicerces fundamentais da súa economía.
Malia que un 85% da poboación activa está dedicada ó sector primario, non chegan ó cinco por cento as terras destinadas ó cultivo; mentres que a superficie dedicada a prados e pastizais achéganse ó quince por cento e a que se reserva para terreo forestal representa un oitenta por cento da superficie total.
A dedicación gandeira é fundamentalmente de vacún, con dedicación preferentemente láctea. O seu número dobra en cabezas ó porcino, que non chega ó milleiro de cabezas, e supera ó ovino que rolda ó medio milleiro. Os restantes sectores laborais ocupan a máis dun tres por cento, no caso da industria, e a un 4'4%, no da construción, mentres que un sete por cento dos traballadores están no sector servizos.
Polo que se refire á industria é escasa, podéndose concretar na existencia de fábricas de transformación láctea, varios muíños, aserradeiros, carpinterías e algunhas canteiras para a extracción de áridos.
Mencionar, sen embargo, que Ribeira de Piquín posúe un subsolo rico en xacementos de ferro, téndose detectado tamén existencias de uranio.
O sector terciario atópase moi mediatizado pola proximidade de Meira, en cuxas feiras se verifican tódalas transaccións a nivel local.
Industrias: Madereiras, lácteas y extractivas.
Feiras e Mercados: Ribeira de Piquín ( o 23 e o derradeiro sábado de cada mes).