Fondo cabecera Concello de Ribeira de Piquín

Medio Natural

Medio Natural

O Concello de Ribeira de Piquín atópase na metade oriental da provincia de Lugo, concretamente a ambas marxes do río Eo , no tramo que bordea a parte oriental da Serra de Meira. O termo presenta un releve accidentado, froito da oroxenia alpina que, no transcurso dos tempos, logrou modifica-las antigas configuracións de tipo terciario.

Desde o punto de vista litolóxico predominan os esquistos, que aparecen mesturados con capas de cuarcita e arenisca, materiais que facilitaron unha erosión progresiva, configurando un modelado de profundos vales, polos que discorren ríos e arroios, e de altos cumios, sobre todo na metade nororiental do termo municipal, onde se alcanzan as máximas altitudes, próximas ós 900 metros (A Pena Ouviaña e A Pena Grande).

Litoloxicamente predominan as terras baixas mesotróficas na parte baixa das principais concas fluviais (Eo e Rodil), mentres os solos de tipo ránker distrófica predominan nas ladeiras altas da Sierra de Meira e na vertente oeste dos cumios de A Pena Grande, Pena Armada e Pena Ouviaña. Os solos tipo gley atópanse nos arredores de Moleiras e finalmente, nos chaos de A Ribeira atopámos solos pardos e ránker pardo. A rede fluvial organízase en torno ó río Eo, que cruza o Concello de Sur a Norte. Cara esta arteria avean outras secundarias como o Lúa e o Servial, entre outras.

Climatoloxicamente, Ribeira de Piquín póde ser catalogada dentro do dominio dun clima de transición entre o oceánico húmido e o oceánico continental, moi frío nos cumios e bastante apracible nos vales.

A repoboación forestal arbitraria desbancou ó arborado autóctono, do cal o froito foi en épocas pasadas parte importante da dieta humana; a pesares de todo, nas zonas máis agrestes crecen as matogueiras, servindo de acubillo a raposos, lobos y corzos, mentres que no resto da superficie municipal perviven bidueiros, carballos e castiñeiros.

Montes: Chao de Seixosmil (595 m.); Chao de Navalín (432 m.); Monte Samamedi (622 m.); Teixo da Valiña (675 m.); Monte dos Golpes (768 m.); Alto do Couso (828 m.); A Pena Grande (889 m.); A Pena da Ouviaña (893 m.); Loma da Cartea (767 m.); Montes Curullón (635 m.); Monte Verdeallo (574 m.).

Ríos: Eo, Rodil, Lúa, Servial, Grande, Marchan, Cartín e Teixa.
Arroios: Cerballás, Oscuro, Rego de Moleiras, Rego de Moural, Rego de Vilasante.
Precipitacións anuais: 1.300 mm./anuais.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Ribeira de Piquín
Concello de Ribeira de Piquín
Chao de Pousadoiro, s/n 27242 Ribeira de Piquín - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 333 601 | Fax: 982 333 735
E-mail: ribeirapiquin@hotmail.com